BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA E AFECTADAS DE GRAVES DIFICULTADES DE MOBILIDADE PARA GASTOS DO TRANSPORTE EN TAXI ADAPTADO-EXERCIZO 2011. Remata o prazo o 27 de xuño
Esta convocatoria ten por obxecto regular, para o exercizo económico de 2011 a concesión de axudas económicas individuais para transporte en taxi adaptado de persoas con discapacidade física gravemente afectadas na súa mobilidade e que non poden facer uso, con carácter xeral, de medios de transporte público do Concello de Lugo.
Requisitos das persoas solicitantes:
1-Ter unha idade mínima de 4 anos.
2-Estar empadroado/a no concello de Lugo durante, cunha antigüidade mínima de, 1 ano anterior á presentación da solicitude e durante a percepción da a axuda.
3-Persoas con discapacidade física en grao igual ou superior ó 33 % que afecte gravemente á mobilidade e impida ou dificulte gravemente o acceso ó transporte público colectivo.
4-Non ser propietario/a de vehículo adaptado ou, séndoo, non estar en posesión de carnet de conducir en vigor. En caso contrario tamén poderán solicitarse estas axudas sempre que se acredite a dificultade e/ou imposibilidade de utilización do vehículo mediante informe médico.
Para as persoas menores de 18 anos, no contar ningún membro da unidade familiar ou de convivencia con vehículo adaptado.
6-Non superar uns ingresos anuais de:
a)-Cando se trate de persoas maiores de 18 anos discapacitadas que vivan soas, non dispor a persoa solicitante duns superiores a 1,5 veces o Indicador Público de Renda de efectos múltiples
b) No caso de persoas menores de idade ou maiores discapacitadas que formen parte dunha unidade familiar ou de convivencia non dispor esta duns ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM vixente.A estesefectos entendese por unidade familiar ou de convivencia a constituída por unha soa, ou máis persoas que
convivan no domicilio unidas por matrimonio ou situacións asimiladas ou vinculadas por adopción ou parentesco ata o 2º grado de consanguinidade ou afinidade
7-Estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa fronte a Axencia Estatal da Administración Tributaria, á Delegación de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, á Tesourería Territorial da Seguridade Social e co Concello de Lugo respectivamente
8-Ter regulamentariamente xustificadas as subvencións concedidas, con anterioridade polo Concello de Lugo, para o cumprimento de fins análogos, durante os dous exercizos económicos anteriores.
A persoa interesada deberá acompañar á solicitude a seguinte documentación:
1)-Fotocopia do DNI da persoa solicitante ou, se é o caso, do representante legal
2)-Fotocopia do Libro de Familia, se é o caso.
3)-Fotografía tamaño carné da persoa solicitante.
4)-Certificado de empadronamento agás se autorice expresamente ó Concello de Lugo para a comprobación, de oficio, da circunstancia de estar empadroado.
5)-Certificación de discapacidade expedido pola Vicepresidencia da Igualdde e do Benestar ou Resolución do INSS de ter dereito a Incapacidade Permanente (Total, Absoluta ou Grande Invalidez)
6)-Informe médico emitido pola Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades acreditativo da imposibilidade de utilización do transporte público colectivo (só para o suposto de que esta circunstancia non se reflicta na certificación de discapacidade).
7)-Declaración de ingresos da persoa solicitante, e se é o caso, de cada un dos membros da unidade familiar ou de convivencia. A declaración dos ingresos realizarase mediante fotocopia da última declaración da renda ou, se é o caso, certificación da Axencia Tributaria de non ter a obriga de presentala. Nos casos de pensionistas certificación anual do Organismo correspondente.
8)-No caso de persoas traballadoras, declaración xurada de non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo de dito beneficio.( ANEXO II)
9)-Declaración responsable de non ser propietario de vehículo adaptado ou, sendoo, de non estar en posesión de carnet de conducir ( ANEXO II). En caso contrario, acreditar, mediante informe médico, a imposibilidade e/ou dificultade de conducir
10)-Declaración responsable de non encontrarse, a persoa solicitante, inhabilitada ou estar incursa en prohibición para acceder á condición de persoa beneficiaria de subvencións do Concello de Lugo, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño de Subvencións de Galicia e o artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. ( ANEXO II)
11)-Declaración responsable das subvencións ou axudas solicitadas e/ou percibidas pola persoa solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.( ANEXO II)
12)-Declaración responsable de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, incluíndo as municipais e fronte á Seguridade Social (ANEXO II)
13)-Certificación bancaria do número de conta da persoa beneficiaria.
14)-Outros documentos que se estimen oportunos.
ESTE ANO A CONTIA É DE 800 EUROS POR USUARIO
LEMBRADE QUE DEBEDES XUSTIFICAR ANTES DO 30 DE NOVEMBRO DE 2011 (IMPORTANTE GARDAR AS FACTURAS PARA PRESENTALAS)