Programa de ocio e tempo libre 2011 para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia.
Obxecto:
Procura a integración social de rapaces/as con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.
Requisitos de acceso:
Ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33%.
Modalidades e prezos:
Prezos: desde 72 ata 180 , dependendo do tipo de quenda de integración e 120 para as quendas específicas.
Os membros dunha familia que teña o título de familia numerosa terán un desconto de 50% sobre os prezos.
Documentación:
Solicitude (por triplicado)
Informe médico
Fotocopia da cartilla de Asistencia Sanitaria
Unha fotografía tamaño carné.
Lugar de presentación:
Servizos Sociais Comunitarios
Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX)
Asociacións e Federacións de persoas con discapacidade.
Delegacións Provinciais da Consellería de Traballo e Benestar
Prazo de presentación:
Ata o 20 de maio de 2011.